As paredes tenhen agora as marcas do fracaso.
Coma un ceo anubrado, o branco dá paso ao gris.
O gris ao
vermello.
As ausencias marcan a pintura coas cores do pasado.
Semellan rachar,
aparecen estrías por causa do tempo.
Tempo nocivo
que se dedica a abrir cicatrices.
Esas que agora pintan as paredes do meu cuarto,
as que hai tempo agardaban para aparecer.
Sabéndose futuras,
pasadas,
e agora máis presentes ca nunca.
Seica a vida é iso,
ir manchando as paredes e
Pintar por riba
cando se recupera a cor.
Mentres tanto,
a pintura estase dando á fuga,
coma ti,
coma min.
Deixando o barco
deste cuarto húmido e baleiro.
Xa non queda
máis
que un cadrado
que garda
todo o que fomos nun
tempo
non tan afastado.
queda-che pequeno o Blogue, Barbie!
ResponderEliminarAlgún día irei á presentación dun libro teu.
ResponderEliminar(Por certo, a partir de agora vou asinar os meus anónimos.)
N.
Esaxeras en exceso xD Ben, agora xa non é tan anónimo! hahaha
ResponderEliminar