Vou(che) escribir unha
declaración de principios para este final.
Para que sexas consciente do que
es, e do que non son.
Algún día, heicha escribir.
Mentres,
escoita ladrar os cans
na distancia
e sé
consciente das historias que contan.
Mentres,
canta en penedos fríos que che
conxelen os pés
para
disfrute de quen te acompanhe daquela.
Escribe
versos inútiles
que che
depuren a alma feita anaquinhos.
Dálle uso á
guitarra con nome de muller,
que nunca te abandonou.
Non mates o
teu eu que só ti conheces por medo a non gustar(lle).
Declárate únic@
unicamente por foder a quen te escoite.
Escoita(te)
e permite(te) o luxo de recordar(nos) cando non doia
E
sorrí.
Que bonito, Vegeta...
ResponderEliminarO mesmo digo, que bonito... :)
ResponderEliminarGenial!
ResponderEliminar