Fixeches estrelar o vermello do (meu) interior
desde moi fóra.
Algo inaudito por aquí que non se adoita exteriorizar nada.
Agás odio.
Unha palabra, e andando.
Alcol, música, e pogo.
[-Recordas(me)?- Si, si, si. A loira da primeira fila]
E así.
Articulamos o abecedario para non parecer tan sumamente ignorantes.
[-Nome? -Accesorioinútilquesónosdaríacomplicacións.
-Que dis? -Que non conhecía esta
canción.]
Baila co son do inframundo
que a banda toca para ninguén.
Hoxe
Non hai persoa no universo ademais de nós,
uns ninguén, que sexa dign@ desta melodía que nos modula.
[Modulas(me)?]
Encántame, encántame e encántame!! :)
ResponderEliminarViva!
ResponderEliminarMola mil ;)