Non pretendas (com)prenderme.
Son ceive
presa en min mesma.
Gosto de sonhar cando o
insomnio se apodera de min,
con esa liberdade ofrecida pola
loucura pasaxeira
do quererenonpoder.
Quéresme porque
non estou de acordo con ninguén,
e aborrécesme porque non es quen
de estar de acordo comigo.
Non son pose,
nin me posee ninguén.
(Extra)limítome
para non excederme (de máis) contigo.
Adoro as
preguntas sen resposta que sempre me fas,
e sempre
respondo.
(Non) Gosto
de caminhar cos pés no chan (do subsolo)
mentres
escribo nas nubes
o que me din
ao ouvido
as pantasmas
do pasado.
Eu son eu.
Dá igual
como o mires.
Expresión
capicúa que sempre me dará a razón.
A min. Si. Outra
vez.
De novo enchendo o blogue de boa poesia... :-) Boa!
ResponderEliminarImpresionante! :) Un deses que está ben ter á man cando esqueces de onde vés.
ResponderEliminarquito o chapéu,amiga.
ResponderEliminarNom pares e dá-nos máis.
;)
Ivám! Descarado!!
ResponderEliminarhahahahaha Xiam, pasmón! xDDD (Obrigada companheir@s)
ResponderEliminar:O
ResponderEliminar