Enxordéceme
o veo do padal
coa túa
lingua
tan proletaria
como
internacional(ista).
Desfai(me)
todos os
esquemas sintácticos
da realidade
que nos inventaron.
Asimílate a
min
trazo
a
trazo
para
compartirmos forma e idea.
E soarmos a berro de intensa rebeldía.
Digamos por
unha vez
o que nos
doe do ser normal
sen máis
implicaturas
que as da
verdade (ex)presa(da).
Crucemos
ríos, pontes e océanos
para demostrarmos
que
estaremos louc@s
mais o que
escribimos
Ten sentido.
Gosto muito!! Véu-me à cabeça um do Joseba Sarrionandia que já che mostrei um dia, não vás lembrar...
ResponderEliminarÓtimo, Barbi!
Vaia orgullo me entra se me dis que che veu iso á cabeza :)
ResponderEliminarXa mo amosarás logo! Obrigada!
Que mal faz estudar... "asimilate a min, trazo a trazo...". Barbi sonha com R. Marinho!
ResponderEliminargostoo!
ResponderEliminar