-Non,
non es ninguén.
Quen
te
cres,
ti?
PÍSAME.
Non che tenho medo.
Súbeste a cadeiras pra sentirte
grande,
con
(máis) poder.
Es a raíña da hipocresía,
do (non) saber estar.
Es todo o que dis aborrecer...
prexulgas(me).
Creste mesías do saber
mentres
me escupes na cara que as verdades absolutas
non existen.
Falas coa boca fechada, pra que non che entren moscas.
Tsssssssssssss. Dime. Shhhhhhhhhhhhh.
Non me vas calar, non nos vas calar.
Son
a túa mosca detrás da orella.
E ti só es unha formiga máis, unha máis...
Non tes nin idea do que é a dor.
(A)doe(ces)me
Non, non me volvas mirar así.
Por que
te
cres
superior?
Sabe máis o demo por vello ca por demo...
para ti, ao sәʌәɹ.
-Non, non es ninguén.
-Next time you point a finger, I’ll point you to the mirror.
Não defraudas, poeta! ;-)
ResponderEliminarA verdade é que nunca defrauda...
ResponderEliminarBuf... Boísimo
ResponderEliminardemasiado bom!
ResponderEliminar