Hai tempo conhecín un pozo e fiquei a vivir alí.
Era perfecto pra
min.
Custábame facerme á idea.
(Non estaba alí por gusto)
Mais como non daba saído
comecei a pensar que se cadra ese era
comecei a pensar que se cadra ese era
o meu fogar.
Agora
conhezo cada pedra fría e preta,
conhezo cada fenda,
cada mala herba que o rodea.
Conhezo tan ben este meu fondo pozo,
que até parece que non hai nada máis ca el.
Cóidoo ben nas noites de xeada.
Adoito coller unha manta,
e
taparnos aos dous,
pra que non chegue nada de vento de trasosmuros.
(Non máis.)
E pra que hei de sair?
Fóra as cousas son difíciles,
e os espellos non me queren.
Nin sequera
ese que tenho
dentro,
o que ve os meus engrenaxes.
Sospeito que
está a piques de escachar.
7 anos de mala sorte.
Non se notan.
Este pozo meu é tan frío
como
agarimoso...
(O único que me quere)
Sabe cando estou mal...
e cando non estou ben.
Sabe de cada pedra fría e preta, [ao fondo á esquerda, ves?]
de cada fenda,
e de cada mala herba que me rodea.
Por iso me deixa estar aquí.
Pra coidarme,
pra que non me rompan máis.
Pra non quebrarme, outra vez.
Impresionante, unha vez máis. Isto dos pozos recórdame a...
ResponderEliminarSento no chan coa alma encollida.
Aquí non queda nada.
Días, meses e anos silenciosos
que só pretenden quitarme a vida,
moi a modo.
Materia en desorde,
o ocaso onde caio eu tamén,
horas de sesenta minutos de angustia
(cada unha!).
Cruel eternidade de estacións
sen estadías.
e silencio como resposta
a tantas preguntas.
Luz que me introduce
na máis profunda escuridade.
O tempo é violento e viscoso
para quen desespera,
bipolar.
Un reloxo que corre e sangue que esvara,
esperanza colgada da gramalleira,
explosión e ferver súbito.
E eu, no epicentro,
(quen sabe onde?)
nalgún punto deste universo maligno,
e sempre, sempre nese punto
maldicindo a miña existencia sen sentido.
N.
:) O teu acaba de deixar o meu ao nivel do subsolo (ainda que como les, xa o estaba antes).
ResponderEliminarBeixos ;)
Grande Vejeta, grande ;)
ResponderEliminar