Se fose quen de expresarme, diría tanto…
Se tivese o don das
verbas, xa sabes
ese que ti gardas entreasmans.
Se fose digna de
merecer metáforas, símiles e rimas....
Daquela
diríache que podemos alonxarnos
canto queiramos
que nos sei perto.
Que podes rir o que
queiras de min,
que sei que nunca o
farías...
(nunca)
o farías realmente.
Que podemos estar
tranquil@s,
con esa
tranquilidade que dá ou a ignorancia ou os anos,
sen ter ningunha das dúas
cousas.
dese que paraliza.
(mais) podemos impulsarnos,
cando queiras.
Que somos quen de
ser quen queiramos.
Que si, que
quen o ía dicir.
Escalaremos golpes
e malos días,
cantaremos
muinheiras de licor café,
beberemos as rúas
de Compostela,
pasearemos
palestras por pracer.
Xa sabes,
a
próxima estación é a esperanza.
( aplausos )
ResponderEliminar...
e polo seguinte. que virá...
( '' )
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarA próxima estación é a esperanza. Sempre.
ResponderEliminarAdemais de termos um anónimo, Elbinha apagou o seu comentário... cousa rara sodes! hehe
ResponderEliminarFoi polo da intimidade... Mais xa que estamos, GRANDE, Bárbara! ;)
ResponderEliminar