É difícil cando caes.
Cando caes (máis da) na conta.
Cando caes na conta de que estás
soa.
No momento en que chegas ao fondo da
e
s
p
i
r
a
l
sen
retorno.
A escuridade claustrofóbica pídeche aire
e luz
e vida.
A agorafobia que tes desde que te deixaron
impide que saias sentir o aire
a luz
a vida.
Mellor soa que mal acompanhada, repetías.
[mellor soa, mellor soa, mellor soa...]
E agora non respiras
non ves
non vives.
Só escoitas a radio soar naquela estancia pequena e enxoita.
Incapaz de subir á superficie, e ver a luz
o aire
a vida.
Espiral unidireccional.
[mellor soa, mellor soa, mellor
soa...]
Que bom Bárbara! Gostei imenso!
ResponderEliminar[mellor conosco, mellor conosco, mellor...]
Eres mui grande Barbie!! ;)
ResponderEliminarDes-fa-se!
ResponderEliminareii! genialíssimo!
ResponderEliminarObrigadísima, que gusto que nos leas Xisela :)
ResponderEliminar