Podo ser o erro da túa vida, se
ti me deixas.
Podo ser o maior acontecemento
do ano.
Podo ser túa, ou non… mais ben
non.
Deixareiche crer que es meu, se
así o desexas.
Bicareite tanto como sexan
capaces os meus beizos...
xa cansos.
Fareiche rir cada dous
segundos, como nunha desas pelis tan tontas...
e que tanto me gustan.
Faremos do meu cuarto a nosa
casa. Faremos da nosa casa a nosa vida.
Mais recorda,
só tes un tempo,
a data de caducidade está
posta.
Lembra que unha vez digas esas
sete fatídicas letras,
esfumareime.
Consumámonos
preferentemente
antes de que chegue o día
no que esquezas que eu, pra ti,
só podo ser
o teu maior
erro.
Grande GZ! Terrível!
ResponderEliminarGostei muitíssimo! ;-)
ResponderEliminarParabéns
espantoso ;)
ResponderEliminar