Botarémolo
todo
nunha
fosa común dalgún lugar que despois nin recordemos
para non poder recuperalo
nunca máis.
Alí,
baixo
esa Terra que tanta alegría nos ten dado,
estaremos
nós.
Inertes momentos de
vidas pasadas.
Cometeremos o delito de deixar baixo terra o que aínda
está vivo
xa que mantelo neste mundo
non
sería máis que unha tortura
que
padecermos en silencio,
para (non) molestar.
Se
cadra unha vez estea ben soterrado,
sexa como se nunca tivese existido.
Ao mellor até medran plantas novas nesa terra
que antes semellaba estéril.
Seremos semente de futuro,
e poderemos dicir que algo fixemos ben...
Fabricaremos novas imaxes,
para esquecer as antigas.
Mellores ou Peores...
imposíbel
(com)parar xa.
Será aí onde
ficarán os nosos recordos.
Eses que
necesitamos desterrar da mente.
Para que non doian.