Puntuación innecesaria
O punto final
dunha historia
infinita,
a vida que pasa
diante dos nosos ollos
cegos;
ti, eu, ti, eu
e outra vez ti
o puntoecoma que
marca
a pausa
continua,
o tempo non pasa
e o reloxo quedou
sen pilas
sen agullas,
o tempo xa non di
nada…
n o n p a s a;
nunca poremos un punto
onde poda haber
unha coma
Sem comentários:
Enviar um comentário